Skip to main content
Axenda Caducada

Comeza o de 8 marzo a recollida de plásticos agrícolas en Ribadeo

Por 9 Febreiro, 2021Marzo 5th, 2021Sin comentarios

O Concello ribadense iniciará o 8 de marzo a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas por parte da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente S.L., transportista profesional de residuos autorizado pola Xunta de Galicia.

Esta campaña de recollida prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos recibidos en tempo e forma. Para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión.

As persoas interesadas poden solicitar este servizo a través do teléfono do Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. As solicitudes poderán realizarse ata o 5 de marzo de 2021.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “a Área de Medio Ambiente do Concello agradece a máxima colaboración posible no desenvolvemento deste servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.