Skip to main content
Ribadeo

Arantxa González gaña o concurso de cartas de amor de Ribadeo

Por 17 Febreiro, 2021Sin comentarios

A carta Mi querida Lucía, de Arantxa González Montell, de Vegadeo, é a gañadora da sétima edición do Concurso de Cartas de Amor organizado pola galería ribadense Terra Branca.

Un total de 63 cartas chegadas desde diferentes puntos de España e tamén desde Arxentina presentáronse ao certame neste 2021. O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, asegurou que “outro ano máis gozamos moito coas obras que recibimos, cheas de sentimento e creatividade. A todas elas e eles agradecémoslles a súa participación, animámolos a seguir coa paixón pola escritura e convocámolos xa á oitava edición do noso concurso en 2022”.

José Ramón Leal felicita á gañadora deste ano, que recibirá unha magnífica figura de cerámica, obra de Alfonso Otero Regal, que está relacionada co tema do amor e os sentimentos. Ademais editarase un vídeo clip personalizado da carta gañadora, realizado por Terra Branca Audiovisuais especialmente para esta ocasión.

Le a carta gañadora neste enlace