Skip to main content
Ribadeo

O PSOE de Ribadeo demanda o inicio das obras da praza da Música

Por 23 Febreiro, 2021Sin comentarios

Estado dun dos garaxes afectado polas obras da praza da Música de Ribadeo

Os socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras de reparación na praza da Música, pola que foi condenado a reparar así como os danos ocasionados nos garaxes dalgúns edificios lindeiros debido as filtracións de auga.

Segundo puidemos constatar, na notificación da execución da sentencia, o Concello de Ribadeo ten de prazo ata a finais de febreiro para arranxar esta praza, “pero a día de hoxe alí non se moveu nin unha soa pedra”.

Dende a agrupación socialista de Ribadeo lembran que a sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, descarta a posibilidade dunha incorrecta execución da obra da Praza pois, desde que foi recibida polo Concello no ano 2000, non se presentou ningunha obxección.

“Foron os propios afectados e propietarios os que nos alertaron desta situación de desamparo, na que o Concello aínda non realizou ningún arranxo neste espazo. Ademais, tal e como consta na notificación, si o Concello non executa as obras nos prazos previstos poderá ser sancionado con multas, sen prexuicio das responsabilidades patrimoniais que houbera. Por iso preguntámonos a que espera o alcalde para executar esta obra?”.