Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro cambia todos os seus dominios ao .gal

Por 15 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de O Valadouro cambia todos os dominios dos correos electrónicos e da paxina web municipal o .gal.

O Puntogal Dominio Galego é un dominio patrocinado para Galicia e a súa Cultura. A medida promovida pola Asociación PuntoGal pretende promover o uso da lingua galega desde as novas tecnoloxías, nunha área na que aínda non está consolidada.

Galicia é das poucas comunidades a nivel mundial que conta cun dominio propio, distintivo para as páxinas web con vinculacións co país.

O dominio axuda na localización dos contidos por parte de buscadores e permite establecer de xeito claro a vinculación co territorio das entidades e do seu público, tanto na rede coma na presenza offline.

A Asociación PuntoGal foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal, dita asociación é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, plural e diversa e é a responsable da xestión do dominio .gal . Os ingresos producidos pola xestión do rexistro dedícanse ao mantemento do dominio e no caso de se produciren beneficios serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galega no ámbito das novas tecnoloxías.