Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro executa obras de mellora do camino de Taranco

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Valadouro comezou a executar as obras de mellora do camiño de Taranco, na parroquia de Frexulfe, cun presuposto de 64.856 euros enmarcado no Plan Único 2020 da Deputación de Lugo.

Os traballos alongaranse nuns 1875m e consistirán na limpeza e perfilado de cunetas, no refino e planeo da caixa do camiño, execución do pedraplén en socavóns e zonas mal drenadas e aplicación de base granular de zahorra artificial, extendida e perfilada con motoniveladora e compactada ata a densidade máxima esixida do 100%.