Skip to main content
O Valadouro

24 núcleos do Valadouro contarán con banda ancha

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Programa de Extensión de Banda Ancha que impulsa o Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital e conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) mellorará a cobertura de Internet en 24 núcleos de poboación no Concello do Valadouro.

Concretamente referirase aos núcleos de A Amarela, Zaragoza, Os Casás, Escourido, Pereiros, Pradia, A Pena, A Cazcalleira, O Solloso,  A Rexedoira, A Granda, Vilares, A Pena, A Muxueira, As Laranxeiras, O Pazo, Trasmil, Albares, Bermún, A Cabanela, Cendemil, Suaigrexa, O Vilarao e A Arnela.

As axudas públicas do Programa  PEBA- NGA van destinadas a apoiar o esforzo investidor dos operadores privados, co obxectivo de estender o despregamento das redes de banda ancha de moi alta velocidade (máis de 100  Mbps) ás zonas máis rurais e de menor densidade de poboación, onde existe un fallo de mercado, sendo por tanto este programa un instrumento crave para pechar a fenda dixital xeográfica, facer fronte ao reto demográfico e construír unha sociedade máis inclusiva.

De 2013 a 2019 as axudas dirixíronse exclusivamente ás zonas que carecían de cobertura NGA e de plans para a súa dotación nun prazo de 3 anos (zonas brancas  NGA). A partir de 2020, as axudas dirixiranse tamén ás zonas que teñan unha cobertura  NGA deficiente, entendida como a proporcionada ou prevista por un só operador (zonas grises  NGA) a velocidade inferior aos 100  Mbps.

Coas axudas concedidas ata 2019 e unha vez finalicen os proxectos con axudas concedidas nas últimas convocatorias, a cobertura de acceso a banda ancha de máis de 100 Mbps situarase por riba do 91% da cidadanía.