Skip to main content
Viveiro

O viveirense Suso Martínez recibe o premio Pérez Lugín

Por 1 Febreiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Suso Martínez caracterizado como Pastor Díaz

O periodista viveirense Suso Martínez López é o gañador do LXXX Premio Pérez Lugín, que concede Asociación da Prensa da Coruña e que este ano levaba por lema Xornalismo e vida universitaria: a canallesca máis aló da Casa da Troia.  O galardón, que está dotado con tres mil euros, está organizado coa colaboración do Concello da Coruña.

Suso Martínez presentou o texto titulado Aqueles homes bigotudos do século XIX, baixo o pseudónimo de Chevalier de Pas, no que realiza un percorrido pola Coruña de finais do XIX, a Belle Epoque, Casás e a carrilana a Santiago como personaxes principais.

O gañador, que naceu en Suíza hai 43 anos, con orixes en Viveiro e Ortegal, é licenciado en Xeografía e Historia e Dereito pola Universidade de Santiago. É actor e guía de turismo na Coruña. Escribiu varias publicacións sobre a historia e o patrimonio da cidade e colabora desde hai anos en diversos medios de comunicación.

Suso Martínez é coñecido polo seu papel como Pastor Díaz. Suso é do barrio da Xunqueira. Gústalle a historia, na que é un especialista, pero tamén escribir e actuar ante as cámaras ou nun escenario.