Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro di que non se deu aviso das inundacións na rúa das Granxas

Por 11 Febreiro, 2021Sin comentarios

Segundo indica o concelleiro de obras do Concello de Viveiro, Jesús Fernández Cal, foron os veciños os que avisaron a concelleiros do PP de que a rúa Granxas na parroquia de Covas atopábase parcialmente asolagada. “En cambio, non se recibiu aviso algún no Concello de Viveiro”.

“O mesmo día, advertido pola noticia subida ás redes sociais, visitei a zona e comprobei que, efectivamente, había unha balsa de auga nunha parte da rúa. Sen ánimo de eludir a responsabilidade que me poida corresponder, teño que manifestar que a pequena inundación débese a que no seu momento executouse a rúa sen instalar ningún desaugadoiro”, explica o concelleiro.

“Mentres continúen as intensas choivas o equipo de goberno local estará pendente do eliminar a auga da zona como xa se fixo na mesma tarde do luns. Así mesmo, cando o tempo o permita estudarase se existe a posibilidade de instalar sumidoiros para evitar inundacións no futuro”, engadiu.