Skip to main content
Viveiro

O Concello renovará a travesía de Covas

Por 14 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro realizará obras para a renovación do vial Travesía da Igrexa de Covas, cun investimento de 80.000 euros.

Os traballos forman parte do do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación de Lugo e a actuación realizarase dende a estrada xeral ata o camiño da Igrexa.

O proxecto contempla o adecentamento e mellora do entorno, comprendendo as actuacións a realizar a pavimentación do firme con losetas de pedra de granito e a dotación dunha nova rede de pluviais para recollida da auga do entorno.

As obras dan resposta ademais ás demandas dos veciños e veciñas da zona, aumentando a seguridade viaria de vehículos e peóns.

Esta actuación forma parte do plan integral de mellora de viais e camiños posto en marcha polo grupo de goberno de Viveiro, tanto no casco urbano como nas parroquias.