Skip to main content
Viveiro

Viveiro busca o consenso para a ordenanza da saca de madeira

Por 23 Febreiro, 2021Febreiro 24th, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo dúas reunións de traballo cos voceiros dos grupos municipais para a elaboración do Regulamento Orgánico Municipal e a Ordenanza reguladora do uso común especial dos viais municipais para a saca da madeira, sendo estas unhas das varias xuntanzas de traballo que se veñen realizando co fin de consensuar as ordenanzas municipais.

Coa aprobación do Regulamento Orgánico Municipal preténdese regular o funcionamento das sesión plenarias, así como o funcionamento do resto dos órganos colexiados, regulando, asemade, a participación veciñal nos plenos municipais.

No caso da Ordenanza para a saca da madeira, a súa finalidade é poder regular o uso común especial dos viais municipais para este fin, compatibilizando a actividade forestal coa conservacións dos viais de titularidade municipal e establecendo o procedemento a seguir para tramitar e obter as autorizacións necesarias para a realización desta actividade.