Skip to main content
Xove

Abre o prazo para solicitar o pago das axudas do Plan de Emprego Municipal de Xove

Por 8 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local de Xove volveu convocaar  un ano máis as axudas do Plan de Emprego Municipal, elaborado para incentivar a contratación de persoas desempregadas do termo municipal.

Estas axudas contan con dúas liñas, a que subvenciona á empresa contratante de traballadores en paro e a que destina os cartos ao veciños que deixen o paro para poñerse como autónomos.

Para o primeiro caso, as axudas son de 2.100 euros ao ano para aquelas empresas que contraten unha muller traballadora durante tres anos. Este montante é por ano traballado e prorrateable en caso de que non o se complete o ano fiscal. Esta axuda é anual e se a persoa contratada é un home a axuda é de 1.800 euros.

Poderán solicitar unha subvención ao abeiro do PEM aquelas empresas con personalidade xurídica privada calquera que sexa a súa modalidade, autónomos, sociedades civís, unións temporais de empresas, comunidades de bens, fundacións e asociacións aínda carentes de personalidade xurídica, que desexen contratar a unha ou máis persoas que reúnan os requisitos antes referidos, sempre que o contrato sexa de duración mínima inicial de seis meses. Ademais, no caso particular das UTEs, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

A seguinte liña das axudas correponde a aqueles traballadores que estando no paro opten polo autoemprego. As persoas beneficiarias deste plan poderán acollerse a unha subvención equivalente ao importe da súa Seguridade Social co límite máximo de 5.400 euros para os tres primeiros anos (límite máximo anual de 1.800 euros) no caso dun home e 6.300 euros (límite máximo anual de 2.100 euros) para unha muller.

Poderán solicitar un posto de emprego ao abeiro do PEM as persoas que estean empadroadas e con residencia efectiva no municipio mínima de 6 meses anteriores á data de solicitude, requisito que se deberá manter durante toda a vixencia do expediente subvencionado.

O Concello de Xove destina a estas axudas un total de 70.000 euros, que, segundo explica o alcalde, Demetrio Salgueiro, houbo anos nos que subiu algo e outros nos que baixou pero sempre estamos mantendo a mesma liña. Ademais, “son unhas axudas moi interesantes e teñen moi boa acollida, de feito, hai moitas persoas que atoparon o seu primeiro posto de traballo grazas a estas axudas, porque o que tentamos facer é unha discriminación positiva para os veciños de Xove”, explica.

Está aberto o prazo ata o 15 de marzo de 2021 para solicitar o cobro da subvención correspondente ao ano 2020.