Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Aprazan o II Xove Costa Trail para o mes de setembro

Por 22 Febreiro, 2021Marzo 11th, 2021Sin comentarios

Participantes no Xove Costa Trail do ano pasado

A organización do que será o II Xove Costa Trail decidiu aprazalo ata o mes de setembro ou outubro en vista da situación sanitaria que atravesa o país.

Fai un ano (concretamente o 19 de febreiro de 2020), o Comité Organizador do Xove Costa Trail organizou, xunto coa dirección do colexio de Xove, unha pequena andaina para todos os nenos do Concello, e na cal tamén participaron os profesores.

A iniciativa foi tan ben acollida que quedou acordado que habería novas edicións pero, en vista das circunstancias, decidiron aprazar este evento para celebrar entre mediados do mes de setembro e mediados do mes de outubro, “evidentemente seguindo todos os protocolos sanitarios e normas vixentes para aquelas datas, e con todos os permisos das autoridades pertinentes”.