Skip to main content
Axenda Caducada

Rábade leva a cabo o Memorial Eduardo Fernández Villamarín virtual

Por 1 Febreiro, 2021Febreiro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade decidiu seguir adiante coa celebración do Memorial Eduardo Fernández Villamarín malia a situación sanitaria pero, para iso optou este ano, na súa XVIII edición, por realizar unha carreira de maneira virtual que comezou o 24 de xaneiro e se prolongará ata o 28 de febrero.

A distancia será un percorrido libre a elexir por cada atleta na sua categoría. Co fin de facilitar a realización da carreira, e dadas as restricións de mobilidade ocasionadas pola pandemia do covid xa existentes en determinadas áreas, e aquelas que poidan xurdir, desde a organización non se propoñen percorridos sobre os que competir, debendo ser o participante o que elixa o percorrido ou percorridos sobre os que participar, e sendo o único responsable de cumprir coa normativa e protocolos covid no lugar de realización do percorrido. Ademais, deberá ter en conta o respecto e cumprimento da normativa sobre seguridade viaria.

A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e as inscricións para todas as competicions serán ata o domingo 14 de febrero na páxina web oficial do evento. A inscrición é de balde en toda as categorías.

Establécense cinco categorías, Mini (para nados en anos posteriores o 2017 de80 metros), A (para nadosa entre 2013-2016 de 600 metros), B (para nados entre 2009-2012 de 1.200 metros), C (para nados entre 2005-2008  de 1.800 metros), e absoluta (para maiores de 16 anos que ten 7000 metros.

Este ano os premios consistirán nun sorteo de 50 vales de 50 euros a gastar no comercio de Rábade entre todos os que rexistren actividade.

Para realizar e medir a actividade pódese usar calquera dispositivo dos habituais (GPS, calqueira aplicación móvil de running, cronómetro ou facelo nunha cinta de correr). So hai que estar pendente de controlar a distancia e parar o tempo para posteriormente proceder ao rexistro.

Unha vez realizada a actividade haberá que rexistrala no prazo e datas indicadas na web oficial do evento, picando no botón Rexistro de actividade identificando o dorsal e a data de nacemento. Solicítase tamén unha proba gráfica da carreira (captura do track, display do GPS, ou o que creas máis conveniente.