Skip to main content
Axenda Caducada

O Campionato de Baristas do IES de Foz substitúese por actividades telemáticas

Por 5 Febreiro, 2021Febreiro 17th, 2021Sin comentarios

Debido á actual situación de pandemia o IES de Foz vese obrigado a adiar o que sería o XIV Campionato Internacional de Baristas, que se viña celebrando todos os anos. Co fin de facer algo simbólico e non perder o espírito barista, dende a organización do evento decidiron facer unha serie de videoconferencias orientadas a Escolas de Hostalería os días 10, 11 e 12 de febreiro, entre as 09.00 e as 12.10 horas.

Estas actividades serán emitidas por Webex en aberto e tamén se gravarán para que aqueles que non poidan conectarse nese horario poidan visualizalas máis tarde. O alumnado do centro asistirá ás

charlas dende as súas aulas, sempre mantendo os protocolos COVID.

A dirección do IES de Foz destaca que “o evento contará cun total de 12 relatores, que a través de charlas relacionadas co café achegarán un pouco máis ó alumnado a este mundo barista. Entre os relatores contamos con antigos alumnos do centro e tamén doutros centros de hostalería de Galicia, como Willy Gómez, Diego López ou Sofía Prieto”.