Skip to main content
Axenda Caducada

Lourenzá convoca un Entroido virtual

Por 15 Febreiro, 2021Febreiro 21st, 2021Sin comentarios

Debido á pandemia Acial Lourenzá vén de facer a convocatoria do habitual programa de Entroido, malia que este ano será diferente. Así, organizan un concurso de disfraces virtual, no que se participará co envío de fotografías dos disfraces. O prazo de inscripción arrinca hoxe e manterase ata o 20 de febreiro. Os envío pode facerse por correo na dirección  acial.lourenza@gmail.com ou no whatsapp 686569822.

Haberá tres categorías para adulto e tres para infantil (nenos de ata 12 anos), con premios en individual, parella e grupos en cada unha das dúas.

Os premios nesta ocasión tamén serán distintos, co obxectivo de apoiar ao comercio local, estes consistirán en vales de compra que poderán gastar no comercio, hostalaría e autónomos pertencentes á Acial. Estes irán de 60 a 20 euros nas categorías individual; entre 80 e 40 en parellas, e de 120 a 80 en grupos.

Ademais, haberá un premio ao máis chistoso de 50 euros. Os gañadores daranse a coñecer o domingo 21 de febreiro, domingo de Piñata.