Skip to main content
Axenda LUGOXAPortomarín

Recollen doazóns de sangue este xoves en Portomarín

Por 17 Febreiro, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 18 de febreiro, no concello de Portomarín, para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e teñan máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 18.30 e as 21.00 horas na praza Conde Fenosa da localidade.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar e, no seu caso, a tarxeta de doante.