Skip to main content

Monforte acollerá a meta da antepenúltima etapa da Volta a España 2021, tal e como se confirmou este xoves en Burgos, na presentación oficial do percorrido da proba, que este ano leva por nome ‘A Volta das Catedrais” e que, por ser ano Xacobeo, rematará excepcionalmente en Santiago de Compostela.

Nesa decimonovena etapa, o pelotón deberá completar un percorrido total de 187,8 quilómetros, dende a localidade asturiana de Tapia de Casariego ata Monforte. Así, na xornada do vindeiro 3 de setembro, os ciclistas entrarán na provincia de Lugo polo concello da Fonsagrada para logo pasar por Baleira, Castroverde, Lugo e Sarria.