Skip to main content
Cultura LUGOXALugo

O auditorio Gustavo Freire retoma este domingo a programación

Por 20 Febreiro, 2021Sin comentarios

O auditorio municipal Gustavo Freire, de Lugo, retoma este domingo a actividade coa presentación do ‘Show de Barallocas’, de Teatro Marionetas Trécola. Trátase dunha historia, dirixida a un público familiar, que mestura o humor absurdo cunha coidada manipulación de obxectos e pantomima.

O espectáculo comezará ás 18.30 horas e as entradas poden reservarse en entradaslugo.es.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma deste xeito a actividade, que se suspendera nas últimas semanas por mor das medidas e restricións adoptadas fronte á covid-19.

No auditorio lucense, a programación seguirá ao longo da vindeira semana. Así, o venres 25 chegará a coprodución co Centro Dramático Galego ‘Os nenos da varíola’, de Pérez&Fernández, unha adaptación do libro de María Solar dedicado aos nenos que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo mundo.

O domingo, día 28, exhibirase ‘Nautilus, 20.000 leguas de viaje submarino’, de La Negra, unha versión da clásica novela de aventuras cunha lectura actual, comprometida e ecoloxista.