Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Éxitos para os atletas lucenses no Nacional sub-23

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O campionato de España de atletismo sub-23, que se celebrou a pasada fin de semana en Valencia, deixa boas novas para o deporte lucense. Álex Barreiro proclamouse subcampión de España en triple salto e Santiago Rozas quedou oitavo nos 200 metros valados.

A Deputación de Lugo, a través do responsable da área de Deportes, Efrén Castro, transmitiu este xoves a ambos os dous deportistas “os parabéns e a admiración por acadar este nivel competitivo en disciplinas que ademais de preparación física, requiren dun gran dominio da técnica”.

O deputado quixo trasladarlles o “recoñecemento” da Deputación e “poñer en valor o traballo que hai detrás destes resultados, máis tendo en conta as dificultades e contratempos provocados pola pandemia na rutina de deportistas e clubs”.

Momento da conversa de Efrén Castro cos atletas

Na conversa, na que tamén participaron os adestradores José Luis Peña e Pablo Gandoy, os atletas espuxeron as dificultades que  atopan a medida que avanzan en idade e traxectoria para compaxinar deporte e estudos ou afrontar desprazamentos cada vez máis frecuentes e longos para asistir ás competicións.

Efrén Castro lembrou tamén o compromiso da Vicepresidencia co atletismo, con iniciativas como a organización da Copa Deputación de Atletismo ou as bolsas para deportistas individuais, que na última convocatoria beneficiaron a 185 deportistas, entre eles 67 atletas de diferentes categorías de toda a provincia.