Deportes LUGOXALugo

O Ensino suma un novo patrocinador

Por 23 Febreiro, 2021Sin comentarios

A familia de patrocinadores do Ensino Lugo segue aumentando. A empresa de máquinas de café La Cimbali vén de confirmar que apoiará ao Durán Maquinaria Ensino Lugo como copatrocinador ata o final da presente tempada e un ano máis, sendo así un dos patrocinadores xa confirmados para a tempada 2021/2022.

Desde o club agradecen o esforzo da nova empresa patrocinadora “nestes tempos tan incertos” e aseguran que o seu apoio “sen dúbida axudará a afianzar o futuro do club”.