Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada colabora nunha recollida solidaria de tapóns

Por 11 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada colabora estes días coa Federación Alcer Galicia mediante a recollida solidaria de tapóns.

O obxecto desta iniciativa é recadar fondos para a investigación do síndrome de Dent, unha doenza rara dos riles que afecta a unha decena de nenos en Galicia, un deles en Lugo, e que lles supón a necesidade de someterse a varios trasplantes ao longo da vida.

Os tapóns de plástico poden entregarse no Concello da Fonsagrada polas mañás, en horario de oficina.