Skip to main content
Lugo

O certame literario Trapero Pardo xa ten gañadores

Por 8 Febreiro, 2021Sin comentarios

O XXVI Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo xa ten gañadores. Os nomes anunciounos este luns o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento no Concello de Lugo, Felipe Rivas.

O Certame divídese en dúas categorías, de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos, e os gañadores recibirán un diploma e un lote de libros de distintos valores.

Deste xeito, na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora foi Lucía Domínguez, do Colexio Divino Maestro, que recibe un premio valorado en 200 euros. Na categoría de 15 a 18 anos, Paula Pena do IES Ánxel Fole, recibe o maior premio, valorado en 250 euros. En segunda posición quedou Eliane Yáñez, tamén do IES Ánxel Fole, que recibirá 130 euros, e en terceiro lugar Yorel Ladra, do IES Perdouro de Burela, cun premio de 100 euros.

O concelleiro de Educación lembrou que o obxectivo do Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo é  “apoiar a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural” e explicou que agardarán a que “a situación sanitaria nolo permita” para realizar o tradicional acto de entrega de premios aos vencedores.