Skip to main content
Lugo

Reclaman melloras no alumeado da Milagrosa, en Lugo

Por 9 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, en Lugo, reclama melloras no alumeado público da zona. Aseguran que en boa parte do barrio está “obsoleto”, con puntos de luz que nalgúns casos roldan os 40 anos de antigüidade. Noutras rúas, din, a iluminación existente resulta “insuficiente”, ao haber unicamente focos de luz nunha das beirarrúas.

Os representantes veciñais din ter recibido “múltiples queixas” dos veciños do barrio xa que, este déficit no alumeado, provoca mesmo “riscos para o tránsito, que só se palía cando hai comercios iluminados”.

O colectivo reclámalle ao Concello que, agora que xa está aprobado o orzamento municipal de 2021, invista en renovar o alumeado do barrio da Milagrosa, e que se instale unha iluminación “máis eficiente, económica, de maior intensidade lumínica e moderna”.

Reclaman estas melloras para as rúas Milagrosa, Pintor Villamil, Luis Seoane, Mallorca, Tino Grandío, Becerreá, Yáñez Rebolo, Lamas de Prado ou Camiño Real.