Skip to main content
Lugo

Lugo terá novo xulgado do social o 31 de marzo

Por 10 Febreiro, 2021Febreiro 11th, 2021Sin comentarios

O novo xulgado do social de Lugo porase en marcha o vindeiro 31 de marzo. Asegurouno este mércores o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, trala confirmación do Ministerio de Xustiza á Vicepresidencia primeira da Xunta. Ese mesmo día entrarán en funcionamento tamén os novos xulgados do social da Coruña e Vigo.

A posta en marcha destas novas unidades xudiciais dá cumprimento á petición plantexada pola comisión mixta da Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Agora, o Ministerio de Xustiza remitirá o proxecto de orde da posta en funcionamento ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que emita o informe preceptivo.

Javier Losada confía en que a posta en marcha destes xulgados sirva para mellorar o ritmo de tramitación dos casos na xurisdicción social, “en especial nun momento no que o Executivo de Pedro Sánchez aposta pola protección dos traballadores, para o que xa impulsou un escudo social ao que agora se suman medidas coma esta”.