Skip to main content
Lugo

Acondicionan a beirarrúa do final da avenida da Coruña

Por 15 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo vén de iniciar os traballos para acondicionar a beirarrúa do último treito da Avenida da Coruña, fronte ao cruce coa avenida Paulo Flavio Máximo. As obras estanse a executar nun terreo que fora cedido ao ente local a finais dos anos 90, precisamente coa condición de que se dotase desa infraestructura.

A concellería de Infraestruturas explica que a actuación que se está a levar a cabo na zona suporá a pavimentación do espazo con baldosa de formigón, demolendo a superficie existente e colocando baldosas sobre unha base de formigón. Na zona do paso de peóns disporase o pavimento diferenciado para este tipo de estruturas, e mellorarase o sistema de recollida de augas pluviais. O Concello inviste 6.000€ na mellora desta beirarrúa.