Skip to main content
Lugo

Atropelada unha muller na avenida Ramón Ferreiro en Lugo

Por 18 Febreiro, 2021Sin comentarios

A avenida Ramón Ferreiro de Lugo volveu rexistrar na mañá deste xoves un novo atropelo. Nesta ocasión, unha muller resultou ferida de gravidade ao ser arrolada por un turismo nas proximidades do paso de peóns que hai fronte ao Gran Hotel.

A vítima foi asistida nun primeiro momento polas persoas que presenciaron o accidente, ata que os servizos sanitarios do 061 chegaron ao lugar do atropelo. Foi traslada en ambulancia ao Hula.

Os equipos de emerxencias no lugar do atropelo