Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo traballa na creación dunha bolsa aberta de licitadores

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo está a traballar na posta en marcha dunha bolsa aberta de licitadores e dun rexistro de operadores económicos co obxectivo de dar publicidade ás convocatorias municipais, incrementar a transparencia e facilitar a participación.

A creación desta bolsa de licitadores e do rexistro de operadores económicos inclúese na batería de medidas correctoras que o goberno local deseñou, logo do diagnóstico realizado pola Intervención xeral, para reestructurar o funcionamento municipal co fin de mellorar a organización interna da administración local. Boa parte desas medidas, especialmente as relativas á ordenación de persoal, atópanse xa en aplicación.

O Concello céntrase agora en habilitar novos mecanismos que permitan asumir “con maior dilixencia” os procesos de contratación, facturación e contabilidade local.