Skip to main content
Lugo

Mercar na Praza de Abastos de Lugo sen saír da casa, xa é posible

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

Gozar dos produtos da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros sen saír da casa xa é posible grazas á iniciativa promovida pola asociación Lugo Monumental.

O colectivo de empresarios vén de unirse a Kibus, unha plataforma web de compras a través de internet destinada ao comercio local, co fin de que os lucenses poidan mercar os produtos frescos da Praza e do Mercado a través da rede e con servicio a domicilio. O envío é de balde para o cliente e tampouco se require un pedido mínimo.

Desde Lugo Monumental explican que o servizo está pensado para as persoas que polos seus quefaceres diarios non teñen tempo de achegarse físicamente a facer a compra, pero tamén para aquelas persoas de maior idade, ás que lles resulta máis complicado cargar co peso da compra diaria.

A web para realizar as compras a través desta plataforma xa está dispoñible e hai doce postos asociados, un número que os promotores confían en ir aumentando.