Skip to main content
As Nogais

Investigado nas Nogais por colocar trampas ilegais para xabarís

Por 6 Febreiro, 2021Sin comentarios

Axente do Pacprona con algún dos lazos ilegais retirados

A Garda Civil imputou como investigado por un suposto delito relativo á protección da flora e a fauna silvestres a un veciño das Nogais, de 55 anos. Atribúenlle a colocación de trampas ilegais no monte para apreixar a especies salvaxes, entre elas quince lazos de aceiro para cazar xabarís.

A rede de trampas estaba disposta nas sendas utilizadas polos animais silvestres para desprazarse, “adaptando as mesmas mediante a colocación de vexetación para obrigar aos animais a pasar polos lugares onde estratexicamente colocaba os lazos para que quedasen atrapados neles”, segundo explica o Instituto Armado. Tamén se aproveitaba das bañas de xabarís, “onde vertía gasoil con ánimo de atraelos, colocando lazos nos accesos ás bañas”.

O presunto autor investigado foi atrapado in fraganti, durante unha das inspeccións realizadas polos axentes do Pacprona, cando colocaba uns lazos. Foi posto a disposición xudicial.