Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro denuncia que se está a producir un catastrazo

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei presentou no pleno unha moción pedindo “que se intenta parar os efectos inxustos e negativos que a nova valorización que o Catastro está a facer segundo a cualificación que o Concello fixera previamente das fincas enclavadas nos núcleos rurais”.

Como explican, as cartas que chegan á veciñanza de Outeiro só conteñen un código e unha dirección de internet, tendo que ir á sede electrónica do Catastro para poder ter acceso ao expediente onde se mostra esta nova revalorización.

“Esta forma de comunicar non é acaída nunha situación como esta, xa que moita xente non ten a posibilidade de poder entrar de forma telemática a consultar o expediente, cuestión que está a sementar aínda máis a desconfianza e a incerteza entre as veciñas e veciños do concello”, comentou o concelleiro do BNG.

O BNG propuxo varias medidas urxentes como que o Concello de Outeiro tome as medidas que sexan precisas para non cobrar con efecto retroactivo desta revalorización. Tamén poden dirixirse urxentemente ao Catastro para que revise todas as valoracións das fincas dos núcleos rurais de Outeiro de Rei tendo en conta as condicións reais de edificabilidade e os servizos municipais dos que dispoñen esas parcelas. Así mismo pide a rebaixa do tipo impositivo do IBI ao mínimo legal, o 0,4%; que todas as fincas que realmente se cualifican como “urbanas” se lles dean os servizos municipais que a Lei do Solo indica: auga, recollida de lizo, saneamento, e que se convoquen axudas para todas as familias que están a sufrir os efectos económicos da covid-19 para que lles permita facer fronte ao pago dos impostos municipais.

O alcalde rexeitou todas estas propostas, por considerar que “el xa estaba facendo o suficiente polos veciños ao poñerlles unha oficina para imprimirlles os expedientes e dándolles unha folla de reclamacións”.

“Esta actitude do alcalde demostra claramente a súa falta de sensibilidade coas preocupacións da veciñanza e que o único que lle importa e aumentar a recadación para tapar os seus buratos”, rematou Xosé Ferreiro.