Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Acordo en Outeiro para revisar os bens inmatriculados da Igrexa

Por 28 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei acordou que revisará os bens inmatriculados que a Igrexa posúe no termo municipal e, se hai erros, “buscará unha solución en colaboración coa institución relixiosa, dándose de prazo ata final de ano”.

Esta medidas adoptouse en votación plenaria por iniciativa do BNG, que apoiou de forma unánime toda a corporación.

Unha vez rematado o pleno, nacionalistas e goberno local polemizaron sobre o seu alcance. Así, o portavoz do BNG, Xosé Ferreiro,
asegurou que o Pleno aprobou reclamar á Iglesia os 46 bens inmatriculados coa lei que impulsou no seu día o Goberno de José
María Aznar. Afirma que se trata de aparcadoiros, campos da festa e camiños dos que a Igrexa “se apropiou indebidamente”.

Pola súa banda, o goberno local recalcou que a proposta nacionalista saíu adiante ao aceptarse unha emenda do PP na que se recollía que o Concello pedirá ao Rexistro todas as inscricións e no caso de que exista algún erro buscará a mellor solución en colaboración coa Igrexa.

Insistiron en que non van reclamar 46 bens porque lembraron que teñen desde 2020 un convenio coa Igrexa para delimitar de forma correcta os lugares de culto, entre outras vías de colaboración.