Skip to main content
Portomarín

Reclaman a implicación do Concello cos afectados pola covid en Portomarín

Por 5 Febreiro, 2021Sin comentarios

O PSOE de Portomarín insta ao Concello a colaborar cos veciños e veciñas “que teñen dificultades na súa vida diaria” por mor da actual situación sanitaria.

A voceira socialista, Silva Rodríguez, faise eco dunha denuncia realizada a través das redes sociais por unha familia do municipio que asegura estar atravesando unha situación “moi delicada, sen ningún tipo de axuda por parte do Concello de Portomarín”.

Neste senso, Silva Rodríguez lembra que, a principios deste mes de febreiro, o Concello facía públicas as medidas establecidas ante o aumento de casos positivos no municipio, e di non entender “como poden publicarse unha serie de medidas e aos 3 días incumplilas, porque algunhas das instalacións pechadas xa están abertas”.

A voceira socialista anuncia que rexistrarán un escrito no Concello “para reclamar un protocolo de asistencia social aos veciños, así como información pública e veraz” dos casos activos no municipio. “En que quedaron as medidas establecidas e os peches anunciados?. Os membros do goberno de Portomarín non teñen un mínimo de sensibilidade e empatía ante unha familia que está sufrindo unha enfermidade?”, insistiu Silva. 

Desde a Agrupación Socialista de Portomarín remarcan ademais que están “a disposición” de todas as veciñas e veciños para “colaborar e traballar polo futuro” do municipio. “Non podemos deixar de lado a ninguén nesta situación tan excepcional, e dende os concellos debemos de dar exemplo axundando a facer a vida diaria da nosa veciñanza o máis doada posible”, sentenza.