Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade celebrará o Entroido na casa

Por 5 Febreiro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O concello de Rábade convoca o tradicional Concurso de Disfraces cun formato diferente por mor da pandemia do covid-19 e para garantir as debidas medidas  de seguridade e protección.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre dentro do mesmo núcleo familiar (persoas conviventes) e a máscara é obrigatoria, aínda que o disfrace cubra o rostro. Cada familia só poderá participar nunha modalidade e categoría.

A inscrición dos participantes farase do 1 ao 12 de febreiro, enviando unha foto a asociocultural@rabade.org (só formato JPG ou PNG) ou un vídeo por whatsapp (máximo 20 segundos) ao número de teléfono 682 741 000 aportando os seguintes datos: nome do disfrace ou do vídeo, teléfono e folla de incrición debidamente cuberta.