Tres atletas da Agrupación deportiva A Gándara, de Monforte, competirán coa Selección Galega no campionato de España de campo a través, que se disputará o vindeiro domingo, día 28, en Xetafe.
María Cedrón, Carmen Martínez e Carlos López formarán parte da delegación galega, que integrarán un total de 24 deportistas.
As tres xóvenes promesas de A Gándara adestran ás ordes de Rubén Macana nas pistas Saleta Fernández de A Pinguela.
Os tres atletas seleccionados