Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A D.O Ribeira Sacra organiza unha cata virtual por San Valentín

Por 7 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra retoma as catas en liña que comezara nas pasadas festas do Nadal. Agora, coincidindo coa celebración do Día dos Namorados, organizan unha nova cata, impartida pola sumiller Mercedes González Rodríguez.

A Cata Ribeira Sacra, San Valentín desenvolverase o vindeiro xoves, 11 de febreiro, ás 19.00 horas por ‘streaming’ (Zoom, Youtube, Facebook e Instagram). Para participar hai que inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da celebración da mesma, indicando o viño que se adquiriu para participar. Feito isto, os inscritos recibirán a ligazón das redes sociais na que poderán seguir a catadura, e mesmo facer os seus comentarios ou preguntas sobre cada viño.

A cata é de balde, se ben para poder seguila e participar activamente é importante dispor dalgún dos viños para catar. Deste xeito, a D.O Ribeira Sacra quere incentivar a  compra dos seus viños. “Na actual situación, seguir apostando pola calidade dos produtos de proximidade evidencia máis ca nunca que repercute en beneficio de todos”, aseguran.