Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

A provincia continúa dobregando a curva da covid

Por 18 Febreiro, 2021Sin comentarios

A provincia continúa estabilizada e en lenta baixada da incidencia da covid.

Así, este xoves os casos activos sitúanse en 1.020, que son 66 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 43.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 34 casos novos (onte foron 35), o que implica unha estabilización neste volume constante dende hai días. Ademais, as altas chegaron ás 10.196, 102 en 24 horas, o día anterior foron 77.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.418 casos rexistrados e 196 persoas falecidas e sen defuncións nas últimas 24 horas tras varios días aumentando esta porcentaxe.

A presión hospitalaria volve baixar. Nas UCI hai 22 ingresados (3 menos que onte), todos no Hula, e en planta hai 49 enfermos, 4 menos, 32 no hospital de Lugo (3 menos), 6 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo segue cun enfermo ingresado.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro continúa reducindo a incidencia e só queda Burela por riba dos 9 casos.

  • Viveiro reduce 5 casos e son xa 22.
  • Burela mantén os 10 de onte.
  • Barreiros, Trabada e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Guitiriz volve sumar casos pero lentamente como onte. Tamén suma casos Outeiro de Rei e As Pontes, na Coruña, volve sumar por segundo día consecutivo.

  • Vilalba continúa á baixa con 52 casos, 13 menos.
  • Guitiriz suma 4 casos máis e chega a 119.
  • Cospeito rebaixa 2 ata 12.
  • Outeiro de Rei sobre 1 para quedar en 12.
  • Castro de Rei xa está por debaixo de 10 casos en quince días.
  • Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes suma 1 casos ata 34.

Centro da provincia

Lugo rebaixa a súa lista de casos novos malia o gromo dectatado no barrio de Paradai e vinculado ao colexio. Tamén baixan o resto de concellos, incluído O Corgo, que estaba crecendo moito.

  • Lugo segue á baixa, con 18 casos menos, 264 en total.
  • Palas de Rei reduce 1 máis e xa está en 11.
  • Guntín mantén 10 casos.
  • Castroverde xa está por debaixo de dez casos.
  • O Corgo tamén reduce 1 ata 22.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca segue reducindo a incendencia.

  • Sarria reduce ata 24 casos, 2 menos que onte.
  • Láncara xa está por debaixo de 10.
  • Samos e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Nova baixada importante en Monforte e con todos á baixa agás A Pobra do Brollón que suma un caso máis.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 82 casos, 17 menos.
  • Taboada segue con 14.
  • Pantón está xa por debaixo de 10.
  • Pobra do Brollón suma 1 e queda en 11.
  • Sober segue con 18.
  • Folgoso do Courel está sen casos dende hai máis de 15 días.