Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Descende o número de contaxios novos e de ingresos na provincia

Por 20 Febreiro, 2021Sin comentarios

A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid e nesta xornada de sábado tamén reduce a hospitalización malia dos gromos activos en Lugo e Guitiriz.

Así, son 901 casos activos, que son 41 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 78.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 28 casos novos (onte foron 36), o que implica un novo descenso da media das últimas xornadas que estaba en máis de 30 novos diarios. Ademais, as altas chegaron ás 10.386, 79 en 24 horas, o día anterior foron 111.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.490 casos rexistrados e 198 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve baixar. Nas UCI hai 21 ingresados (os mesmos que onte), todos no Hula, e en planta hai 38 enfermos, 3 menos, 25 no hospital de Lugo (4 menos), 5 na Mariña (2 máis) e 6 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo ten 2 enfermos (1 máis).

A vacinación comezou xa nos distintos concellos entre o persoal de Axuda no Fogar.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro non reduce aínda a incidencia por terceiro día e no resto da Mariña, todos por debaixo de dez casos.

  • Viveiro continúa por terceiro día con 22 casos.
  • Trabada e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Guitiriz reduce a incidencia esperando que teña superado o pico da curva no intenso gromo dectectado na vila. No resto a situación continúa mellorando agás en Outeiro de Rei que volve sumar 2 casos.

  • Vilalba continúa á baixa con 42 casos, 8 menos.
  • Guitiriz reduce 3 casos máis e chega a 118.
  • Cospeito segue en 10.
  • Outeiro de Rei suma 2 contaxios con 14.
  • Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes rebaixa 2 casos ata 30.

Centro da provincia

Malia o gromo do barrio de Paradai, a presenza da covid na cidade de Lugo continúa á baixa. Cervantes entra tamén no grupo dos concellos sen casos nos últimos 15 días e só O Corgo ten máis de dez.

  • Lugo segue á baixa, con 19 casos menos, 238 en total.
  • Guntín xa está por debaixo de 10 casos.
  • O Corgo tamén mantén 22.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia Cervantes e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

Só queda a vila de Sarria con máis de dez casos activos, pero segue reducindo a incidencia día a día.

  • Sarria reduce ata 18 casos, 2 menos que onte.
  • Samos, Triacastela, O Incio e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Monforte, que segue á baixa, e Taboada son os últimos xa por riba de 10 casos novos. Sober está xa no límite e o resto por debaixo.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 66 casos, 4 menos.
  • Taboada rebaixa 2 ata 12.
  • Sober rebaixa 2 casos ata 10.
  • Folgoso do Courel está sen casos dende hai máis de 15 días.