Skip to main content
Bóveda

O alcalde de Bóveda e o presidente da Xunta estudan os proxectos do Concello

Por 3 Febreiro, 2021Sin comentarios

Reunión de Feijóo e José Manuel Arias

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, mantivo este martes unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que abordaron distintos proxectos de interese para o Concello.

Entre outros asuntos, trataron a regulación dos usos das terras do regadío Val de Lemos. Neste senso, o presidente autonómico incidiu en que, unha vez que se aprobe a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, garantirase a seguridade xurídica para retomar o plan de regulación dos usos deses terreos. Feijóo valorou positivamente que xa haxa titulares interesados en participar nese proxecto, que busca o aproveitamento de terras actualmente improdutivas por parte de demandantes de superficie.

Noutra orde de cousas, o presidente da Xunta e o rexedor de Bóveda avaliaron a solicitude por parte do Concello dunha axuda para unha nave loxística, no marco da Orde de mellora de infraestruturas en parques empresariais e viveiros, así como os usos do viveiro forestal dos Trollos.