Skip to main content
Bóveda

O Concello de Bóveda incorpora unha axente de emprego

Por 10 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda vén de incorporar unha axente de emprego e desenvolvemento local, que estará a disposición dos veciños e veciñas naquelo que poidan necesitar en relación co mercado laboral e as oportunidades de traballo.

A traballadora vaise encargar de xestionar e implantar as axudas, subvencións e políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e a inserción laboral. Así, prestará servizo de asesoramento, información e apoio a emprendedores, empresas e autónomos e a demandantes de emprego. Entre as súas funcións estará tamén a intermediación laboral, tal como a recepción de ofertas laborais por parte das empresas e dos currículos dos demandantes de emprego, co obxecto de realizar o seu emparellamento.

De igual xeito, a axente de emprego prestará un servizo de orientación e apoio técnico á hora de elaborar un currículo,  informará sobre oferta formativa e o mercado laboral,  e tamén proporcionará técnicas e ferramentas para a busca activa de emprego.

Con esta incorporación, o goberno municipal de Bóveda pretende acadar unha maior dinamización e crecemento económico do territorio, así como fomentar o desenvolvemento local.

A nova axente de emprego e desenvolvemento local atenderá ao público de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas. Recoméndase solicitar cita previa a través do teléfono 982 42 60 06.