Skip to main content
Bóveda

O Entroido, protagonista dunha mostra didáctica en Bóveda

Por 12 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A mostra na residencia de Bóveda

Unha mostra didáctica sobre o ‘Entroido tradicional galego’ pode verse estes días en Bóveda, que amplía deste xeito a programación municipal para este Entroido atípico marcado polas medidas e restricións adoptadas para facer fronte á pandemia sanitaria.

Se o Concello ten en marcha un concurso de disfraces en liña, agora a Biblioteca Municipal vén de elaborar esta mostra, composta por 16 paneis, baseándose nunha publicación de Turismo da Xunta de Galicia. As pezas amosan e explican as celebracións de Entroido máis singulares, tanto as declaradas de Interese Turístico como outras que non teñen ese recoñecemento pero que gozan de gran aceptación na comarca, como é o caso do Oso de Salcedo ou os Volantes de Chantada.

A mostra está xa na Residencia para persoas con diversidade funcional de Bóveda, onde permanecerá ata o vindeiro 18 de febreiro. Ese día trasladarase ás instalacións do Centro sociocultural da localidade, onde poderá ser visitada por todas as persoas que así o desexen, en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres, e os mércores tamén pola tarde.