Skip to main content
Carballedo

Detidos os presuntos autores de roubos en vivendas de Carballedo

Por 15 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Garda Civil detivo, no marco da operación ‘Black Line’, a catro mozos e investiga a un quinto, con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos, como supostos autores dunha ducia de roubos con forza no interior de vivendas dunha parroquia de Carballedo.

Os axentes teñen coñecemento dos feitos o pasado día 1 de febreiro, logo de recibir o aviso do propietario dunha das vivendas afectadas. Xa no lugar comprobaron que todas as vivendas dese núcleo rural foran forzadas. Na zona atoparon tamén un remolque de grandes dimensións abandoado ao quedar encaixado nunha cuneta, e comprobaron que fora roubado en Celanova, preto precisamente da aldea da que proceden os presuntos autores dos roubos.

O seu modus operandi consistía en trasladarse a zonas rurais illadas, onde seleccionaban as casas que puideran ser do seu interese para cometer os roubos. Trasladábanse logo con dous turismos, un deles con remolque que desenganchaban nas proximidades ocultándoo en zonas discretas, para acto seguido facer batidas buscando os seus obxectivos, e unha vez se aseguraban de non ser detectados, enganchaban novamente o remolque e accedían ao interior das vivendas substraendo multitude de efectos.

As persoas detidas e maila investigada foron postas a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción de Chantada. A investigación continúa aberta e a Garda Civil non descarta novas detencións.