Skip to main content
Chantada

O Concello de Chantada crea unha bolsa de emprego para traballadores sociais

Por 15 Febreiro, 2021Sin comentarios
O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado sábado, día 13 de febreiro, as bases polas que se establecen as normas para a creación dunha bolsa de emprego para a substitución dos traballadores sociais do Concello de Chantada.

O obxecto desta convocatoria é crear unha listaxe de persoal laboral temporal, coa finalidade de substituír aos traballadores sociais municipais durante os seus períodos de baixa ou vacacións.

As bases poden consultarse no BOP, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada e na súa páxina web oficial. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O sistema de selección será o concurso-oposición. Entre os requisitos que deben cumprir os aspirantes, figuran posuír a diplomatura ou grao en Traballo Social e acreditar o dominio da lingua galega.

Todos os candidatos que superen o proceso de selección serán incluídos na bolsa de traballo para as futuras contratacións que sexan necesarias co fin de cubrir vacantes temporais, e ordenaranse segundo a puntuación obtida. O integrante da bolsa que obteña un contrato de traballo causará baixa na bolsa, e unha vez que finalice ese contrato co Concello volverá causar alta na bolsa, no posto que lle corresponda en relación cos puntos obtidos.