Skip to main content
Monforte

Un proxecto do IES A Pinguela gaña un concurso de miniempresas

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 8th, 2021Sin comentarios

Os alumnos xunto á máquina Arcade do seu proxecto

Un proxecto de empresa do IES A Pinguela resultou vencedor no Programa Lanzadeiras (Microempresas Lugo, 2019-2020).

Este programa pretende fomentar a educación emprendedora coa creación de miniempresas. Trátase, en definitiva, de que o alumnado plantexe unha idea de empresa e que simule parte do traballo da mesma, marcando os obxectivos e as liñas empresariais.

Os alumnos e alumnas do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do instituto monfortino, dirixidos por profesorado do departamento de Informática, presentaran ao certame o proxecto ‘VintageGaming’, unha empresa dedicada á elaboración e mantemento de máquinas de moedas Arcade personalizadas.

A previsión era que se celebraría un congreso, no que presentar oficialmente os proxectos presentados, e en maio se tomase unha decisión. Nembargantes, a pandemia da covid-19 obrigou a cambiar os plans, e a resolución do concurso chegou agora: o IES A Pinguela conseguiu o primeiro premio, 2.146,44 euros.

O programa Miniempresas está organizado pola Consellería de Educación e patrocinado pola empresa Alcoa.