Skip to main content
Monforte

O Sergas fará un cribado en Monforte a finais desta semana

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 17th, 2021Sin comentarios

O Sergas fará un cribado masivo en Monforte nos vindeiros días no que se prevé a participación dunhas 4.500 persoas.

O xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares, explicou que o cribado se levará a cabo, case con total seguridade, “entre o venres e o sábado”, aínda que as autoridades sanitarias están a perfilar polo momento todos os detalles co Concello. De feito, aínda está por definir o lugar no que se farán as probas e estase a buscar o sitio máis axeitado para garantir as condicións de seguridade.

Ramón Ares lembrou que “serán convocadas mediante SMS unhas 4.500 persoas, con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos” co fin de obter “unha mostra representativa” da poboación de Monforte mediante a realización de probas PCR en saliva.