Skip to main content
Monforte

A Torre da Homenaxe iluminarase de verde no Día contra o cancro

Por 4 Febreiro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Imaxe da arquivo da torre iluminada en verde

Este xoves, 4 de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o cancro e son moitas as iniciativas e administracións que queren amosar públicamente o seu respaldo a esta causa e, por suposto, o seu apoio ás persoas afectadas pola enfermidade. É o caso do Concello de Monforte que, como xesto simbólico, esta noite procederá a iluminar de cor verde a Torre da Homenaxe de San Vicente.

O Concello de Monforte colabora deste xeito na iniciativa organizada pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) co fin de visibilizar esta enfermidade.

O Día Mundial contra o cancro conmemórase cada ano o 4 de febreiro, como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta doenza. O obxectivo final da conmemoración é concienciar á poboación da importancia da investigación, como tamén do diagnóstico precoz da enfermidade.

O alcalde de Monforte explica que desde o Concello se suman a esta iniciativa “e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro pode considerarse como un dos problemas sanitarios, sociais e económicos máis importantes que ten o noso país. Cada ano diagnostícanse en España en torno a 275.000 casos novos e existen ao redor de 1,5 millóns de persoas afectadas pola enfermidade.