Skip to main content
Monforte

O cribado en Monforte farase desde o venres a carón do campo de fútbol

Por 4 Febreiro, 2021Febreiro 8th, 2021Sin comentarios

Plano da ubicación onde se fará o cribado

O cribado masivo que o Sergas vai realizar entre a poboación de Monforte co fin de detectar posibles casos asintomáticos de contaxiados da covid-19, farase finalmente desde este venres 5 de febreiro ata o domingo día 7, no aparcamento que se sitúa entre o campo de fútbol e o pavillón polideportivo da Pinguela.

O Concello monfortino propuxo ao Sergas esta ubicación, por ser un espazo aberto e o suficientemente amplo para delimitar as catro filas de acceso dos vehículos dos veciños e veciñas que sexan citados para o cribado. Dispón ademais dunha saída independente, facilitando así o tránsito seguro dos vehículos.

Deste xeito, a entrada dos vehículos farase pola Pinguela, bordeando por detrás dos edificios de vivendas, para logo saír por diante da Piscina Municipal, para acceder á estrada Monforte-Sober.

No cribado de Monforte está prevista a participación dunhas 4.500 persoas, de entre 30 e 60 anos, que están a ser citados a través dunha sms.