Skip to main content
Monforte

Amplíase o prazo para a recollida das máscaras sanitarias que reparte o Concello de Monforte

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte amplía o prazo para a recollida das 190.000 máscaras sanitarias que está repartindo de xeito gratuíto entre os cidadáns censados no municipio. Deste xeito, o reparto, que se leva a cabo no Edificio Multiusos e que se prevía rematar hoxe, manterase ata o vindeiro venres 5 de marzo.

O alcalde de Monforte, José Tomé, explica que a pesares de que todos os días houbo unha “afluencia constante” de persoas para recoller as súas máscaras, “o certo é que detectamos que aínda son moitos veciños e veciñas os que faltan por recollelas, polo que decidimos ampliar 5 días máis para que todos os que así o desexen teñan tempo suficiente para facelo”.

Neste novo reparto masivo, o Concello monfortino está a entregar 10 unidades de máscaras por persoa.

RECOLLIDA NO EDIFICIO MULTIUSOS

Co ampliación do prazo, as máscaras sanitarias poderán ser recollidas por todos os cidadáns censados en Monforte ata o vindeiro venres 5 de marzo, no Edificio Multiusos (ronda María Emilia Casas Baamonde), en horario de 9.00 a 14.30 horas.

Pode recollelas un membro da unidade familiar, que debe presentar o seu DNI, e que ademais pode levar o resto de máscaras correspondentes aos membros da súa unidade familiar, asinando o correspondente ‘recibín’. Do mesmo xeito, pódense recoller máscaras doutras persoas presentando a correspondente autorización asinada.