Skip to main content
A Pobra do Brollón

O punto limpo móbil segue o seu percorrido pola Pobra do Brollón

Por 1 Febreiro, 2021Febreiro 18th, 2021Sin comentarios

O punto limpo móbil

O punto limpo móbil segue o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón. Desde este luns, día 1, ata o 4 de febreiro situarase na área recreativa de Saa; do 5 ao 7, no lugar de Castrosante; e do 8 ao 13 deste mes, na área recreativa da localidade.

No punto limpo pódense depositar envases de aerosois, medicamentos caducados ou que xa non se necesitan, aceite usado de cociña, pilas e baterías, lámpadas de baixo consumo e fluorescentes, envases baleiros de pinturas e tóners ou cartuchos de impresoras.

O Concello da Pobra do Brollón leva este punto limpo polas parroquias co obxecto de facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos. A iniciativa enmárcase dentro do programa “Menos residuos, máis vida”, que se realiza co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder.

O punto limpo móbil consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes que posteriormente se trasladan ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.