Skip to main content
A Pobra do Brollón

Os escolares da Pobra do Brollón reciben unha achega de material

Por 4 Febreiro, 2021Sin comentarios

Parte do material achegado

O CEIP da Pobra do Brollón recibiu recentemente un lote de material escolar aportado polo IES Francisco Daviña Rei, de Monforte, co obxectivo de colaborar coas familias máis desfavorecidas.

O colexio está adscrito ao instituto monfortino, que recibe aos estudantes da Pobra cando rematan os seus estudos na Educación Primaria.

Entre o material achegado, do que se fixo entrega ao centro educativo a través da área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, inclúese non só material escolar necesario para o día a día nas aulas, senón tamén material informático e sanitario, como máscaras.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, mantivo unha xuntanza coa xefa do Departamento de Orientación do IES Francisco Daviña Rei, Nieves Domínguez, á que agradeceu a achega deste material para os escolares, salientando a “oportunidade” que supoñen este tipo de colaboracións entre institucións locais “para fomentar o desenvolvemento rural e fixar aos habitantes máis novos”.