Skip to main content
O Saviñao

A gardería municipal do Saviñao incorpora pizarras dixitais interactivas

Por 1 Febreiro, 2021Sin comentarios

Unha das novas pizarras da gardería

O Concello do Saviñao vén de instalar dúas pizarras dixitais interactivas na gardería municipal. A través desta iniciativa, sufragada pola entidade local con fondos propios, preténdese facilitar o acceso ás novas tecnoloxías dos nenos e nenas matriculados no centro.

O equipo de goberno quere amosar con esta actuación a súa “sensibilidade” hacia a necesidade de que a educación pública, en todas as súas etapas, se adapte aos novos tempos, entendendo que as ferramentas dixitais poden ser un apoio importante para o educador á hora de potenciar e desenvolver a súas actividades, ademais de avanzar na aprendizaxe da pronunciación dunha forma lúdica.

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, asegura que este programa de pizarras dixitais “é unha aposta máis polas escolas infantís, xa que temos a convicción de que investir en educación é unha garantía de futuro”. Neste senso, o rexedor popular engade que o novo material “serve para dar un mellor servizo ás familias e ter unha escola máis áxil e moderna”.